Lyrics

Vaite noite vai fuxindo Vente aurora vente abrindo co teu rostro que sorrindo a sombra espanta!!! Canta, paxariño canta de ponliña en ponla, que o sol se levanta polo monte verde, polo verde monte alegrando as herbas, alegrando as fontes!... Canta, paxariño alegre, Canta! Canta, porque o millo medre, Canta! porque a luz te escoite, Canta! Canta que fuxiu a noite. Noite escura Logo ven e moito dura co seu manto de tristura, con meigallos e temores, agoreira de dolores, agarimo de pesares, cubridora en todo mal, sal!... Que a auroriña o ceo colora cuns árbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escarlata. Cuns vestidos de diamante que lle borda o sol amante antre as ondas de cristal. Sal! Señora en todo mal, que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal. que a luz do día viste a terra de alegría, que o sol derrete con amor a escarcha fría. Sal! Señora en todo mal, que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal. que a luz do día viste a terra de alegría, que o sol derrete con amor a escarcha fría. Branca aurora ven chegando ás portiñas van chamando dos que dormen esperando o teu fulgor!... Canta, paxariño canta de poliña en pola, que o sol se levanta polo monte verde, polo verde monte alegrando as herbas, alegrando as fontes!... Cantor dos airesn paxariño alegre, canta, canta porque o millo medre. Cantor da aurora, alegre namorado, as meniñas dislle que xa sal o sol dourado; que o gaiteiro, ben lavado, ben vestido, ben peiteado, da gaitiña acompañado á porta está! Xa!... Se espricando esprica que te esprica repenica, repenica na alborada ben amada das meniñas cantadeiras, bailadoras, rebuldeiras; das velliñas alegriñas, das que saben ben ruar. Arriba todas, rapaciñas do lugar!, que o sol i a aurora xa nos vén a espertar. Arriba! Arriba, toleirona mocidad!, que atruxaremos cantaremolo alalá!!!. Arriba todas, rapaciñas do lugar!, que o sol i a aurora xa nos vén a espertar. Arriba! Arriba, toleirona mocidad!, que atruxaremos cantaremolo alalá!!!. Arriba todas, rapaciñas do lugar!, que o sol i a aurora xa nos vén a espertar. Arriba! Arriba, toleirona mocidad!, que atruxaremos cantaremolo alalá!!!. Arriba todas, rapaciñas do lugar!, que o sol i a aurora xa nos vén a espertar. Arriba! Arriba, toleirona mocidad!, que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.
Writer(s): Sergio Vianna, Maria Dominguez Senlle Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out