Music Video

A BANDA DA LOBA - Pepa (Videoclip oficial)
Watch {trackName} music video by {artistName}

Featured In

Credits

PERFORMING ARTISTS
A banda da Loba
A banda da Loba
Performer
Celia Parra
Celia Parra
Lead Vocals
Xiana Lastra
Xiana Lastra
Lead Vocals
COMPOSITION & LYRICS
Xiana Lastra
Xiana Lastra
Songwriter
Estela Rodríguez
Estela Rodríguez
Songwriter
Inés Mirás
Inés Mirás
Songwriter
Andrea Porto
Andrea Porto
Songwriter
Marcela Porto
Marcela Porto
Songwriter

Lyrics

Escoitade ben atentas A historia que imos cantar Dunha nena de Amoedo Que moito deu que falar Seu nome Pepiña era Descoñecido seu pai Era filla de solteira Moi mal o ía pasar Un albeite malicioso Violou á súa nai Sendo a nena testemuña Dese acto criminal Transcorridos nove meses Tras un parto esgotador Falecía a nai da Pepa Que orfa ese día quedou A partir dese momento Moi mala vida levou Coa súa tia Dorinda Muller cruel e sen valor Cando tiña doce anos As ovellas defendeu Enfrontándose co lobo Ate que a morte lle deu Nunca máis será Pepiña Grazas ao seu gran valor Chamaranlle Pepa a Loba Todo o mundo ao seu redor A vivir vai co seu tío Home bo de corazón Que aparece asasinado A Pepa a culpa levou! Acusárona sen probas E nun xuízo a traizón Condeárona a pasares Os seus días en prisión Anos pasa na cadea Ata que o día chegou No que coa roupa do cura Pepa a Loba escapou Pepa a Loba escapou Pepa a Loba escapou Anos pasa na cadea Ata que o día chegou Unha vez se atopa libre Con Lueiro, o seu can Vai en busca do asasino Do seu tío, que é o seu pai Dálle morte ao malnacido E unha banda creará Curas, ricos e caciques De contado a temerán Así nace a bandoleira A xustiza pola man É odiada por señores Venerada en todo o val Venerada en todo o val Venerada en todo o val Así nace a bandoleira A xustiza pola man A xustiza pola man A xustiza pola man
Writer(s): Andrea Porto, Celia Parra, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto, Xiana Lastra Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out